martes, 14 de agosto de 2012

FESTAS EN SAN CLODIO

San Clodio tiña festas fai anos xa ,esta foto da praza do concello é mostra de como a xente se divertia durante as verbenas .


miércoles, 8 de agosto de 2012

IDEAS NOVAS CON IMAXES E MÚSICA DOUTROS ANOS (COLLAGES DE RIBAS DO SIL-LUGO-) 2º


Un segundo vídeo de Collage.You Tube opina que se move moito ,eu penso que se un ten ideas hai que desenvolvelas .Algunhas veces non se sabe se é máis importante o son ou a imaxe
respectando ás persoas que non poden falar nin oir , aqueles que nos criamos con poucas imaxes e non moitos sons e menos dos medios sociais como se chaman hoxe . Apenas se oía a O.M. , O.C. e menos F.M. ,esta aínda era un soño ,imaxes e sons non había tantos como hoxe pero se existían os sentimentos ,estes son quizais diferentes mais nacen do corazón e da mente .¡Ah! prometido o próximo non terá tanto tembleque e mellor música .


Picar en >>http://youtu.be/oe2mfnmwy8c

lunes, 6 de agosto de 2012

SAN CLODIO (LUGO ) UN PASEO PORRIBADAVIA

Algunhas veces aínda que as cousas que nos rodean transfórmanse e non nos damos conta .Fai uns días paseando xunto a vía ,á beira da leira do Batanero ,cos viñedos da Adega "Val de Quiroga ".Observamos que ao mirar cara á Igrexa algo cambiara ,as imaxes son un pouco distintas mirade o vídeo e os que coñecedes a zona notarédelo .

domingo, 5 de agosto de 2012

IDEAS NOVAS CON IMAXES E MÚSICA DOUTROS ANOS (COLLAGES DE RIBAS DO SIL-LUGO-) 1º


Todo o que se publique nesta Blog será en 
Branco e Negro ,moitas imaxes foron e son tomadas partindo da Veiga Santa ,polos nomes que a conforman .
É un principio que pensamos mellorar .

PICAR EN >> http://youtu.be/Qc75UoHX0jI

jueves, 2 de agosto de 2012

O PASO A NIVEL DE SAN PEDRO

Temos motivos para publicar a cabeceira do Blog 
"VEIGA SANTA" ,entorno a esta fotografía xurdiron algúns comentarios que persoalmente encontramos 
moi interesantes .

Si aparece algún comentario como en esta foto
pinchando sobre el título de la foto se podràn leer .
También se puede pinchar encima de comentarios .
En las redes sociales (facebook,twitter)
salen directamente .

miércoles, 1 de agosto de 2012

MOI PRETO E MOI DISTINTO


Fai uns dias publicamos unha foto dunha rúa con árbores preguntamos onde estaba ,virando un pouco a cámara á esquerda foi tomada esta imaxe ,tres mulleres que viñan das compras ,pisando neve , non moi frecuentes en 
San Clodio .Ao fondo as escolas vellas aínda sen rematar que reduciron o campo de fútbol a medidas antirreglamentarias non se podía ter todo ou deporte ou cultura e gaño a cultura . Fixéronnos soñar non fai moitos anos ,prometendo un albergue de educación ambiental .A crise espertounos xa non hai diñeiro nin para pagar á os pirotécnicos este ano o dezaseis de agosto.


UN ENLACE DA